É unha obra sobre mestres e discípulos, sobre pais e fillos. Un texto sobre o pracer de asomarse ás vidas alleas, e sobre os riscos de confundir ficción e realidade, que xira en torno ao concepto de posibilidade, tema que aparece en tantas outras obras de Mayorga.
Quén non se viu algunha vez, durante a súa época de instituto, no brete de escribir unha redacción sobre “O meu pasado fin de semana”?. Germán é un profesor de Secundaria. Ás súas mans chega a redacción dun rapaz silencioso que se senta na última fila.